martes, 6 de outubro de 2015


5 de outubro do 2015.

Durante a clase de hoxe aprendemos:

                                     A calculadora:

1º. A tecla x2 para facer o cuadrado.
2º. A tecla x3   para facer o cubo.
3º. A tecla ^ para as potencias en xeral.
4º. A tecla EXP para as potencias de 10.

 Erros máis comúns:

Neste apartado a profe púxonos un cadro no cal aparecían os erros que normalmente facemos, entre eles:

Confundir an , que consiste en elevar a o número de veces que sexa n, con a·n.

Errar (-a)n , que consiste na elevación de todo o número incluíndo o signo, con -an
consistente en en levar a base pero non o signo.


Non diferenciar (a + b)n que consiste na elevación do resultado da suma, con an + bn que consiste en elevar cada letra e despois realizar a suma.

Fallar (a - b)n que consiste na elevación do resultado da resta, con an - bn que consiste en elevar cada letra e finalmente realizar a resta.

Prioridade das operacións:

Nesta sección recordamos o orden no que deben realizarse as operacións que é:

1º. Parénteses.
2º. Potencias e raíces.
3º. Multiplicacións e divisións.
4º. Sumas e restas

2.2.Radicais:

É unha expresión que indica a operación de extraer raíces.


Número de raíces dun radical:

Neste apartado a profe deixou otro cadro no que explicaba que o índice ten o mesmo signo que o radicando. Que se n ten signo positivo hai dous posibles resultados negativo e positivo e que se n é par e o radicando é negativo a raíz non ten solución.

Relación na escritura entre potencias e radicais:

Nesta parte explícase os diferentes tipos que hai para poder expresar un radical en forma de fracción:



Cando expresamos o radical en forma de fracción deixamos o mismo radicando, o numerador é o radicando é o índice queda como denominador.

Cando o radical é negativo ao pasalo a unha fracción queda con signo positivo.







Emma Tello Sánchez.

xoves, 1 de outubro de 2015

 

Xoves 1 de Outubro de 2015

TEMA 2: POTENCIAS, RADICAIS E LOGARITMOS


Na clase de hoxe, aparte de rematar de correxir os exercicios que quedaban de intervalos, comezamos o tema 2: as potencias,radicais e logaritismos, no que solo nos deu tempo a ver as parte das potencias. Antes de explicar que son as potencias, dexo aquí un video introductorio.

 



    2.1Potencias de expoñente natural.

        Unha potencia é un produto de factores iguais. Está formada pola base e o expoñente.




           a (base)= factor que se multiplica 
           n (expoñente)= número de veces que se repite a base

    Exemplo:

    2 5   =  2 • 2 • 2 • 2 • 2 =  32   O expoñente é 5, isto significa que a base (2) multiplícase por si mesma cinco veces.

    2.1.1¿Como resolver potencias? 

    3 2 = 3 • 3 =  9 -> multiplicamos a base polas veces que nos indica expoñente.

   -3 2 = -3 • 3 = - 9 -> primeiro facemos a potencia e logo sumas e restas. Neste caso ao facer a potencia, o menos           como está externo, solo altera ó resultado, facendo que quede negativo.

    (_3) 3  =  (_3) • (_3) • (_3)  =  _27 -> se o menos está dentro da paréntesis o resultado depende de si o expoñente é         par ou non.
    * Con expoñente par, resultado positivo
    * Con expoñente impar resultado negativo

     -(_3) 3  = - (_3) • (_3) • (_3)  =  27 -> neste caso o resultado debería de ser negativo xa que o expoñente é impar, pero     temos un menos fóra da parentesis que altera o resultado deixándoo en positivo. Por decilo de algun modo é como se     o expoñente fose par, xa que hay catro menos.

    No caso das fraccións, o que facemos é multiplicar tanto o numerador como o denominador por tantas veces que      indique o expoñente.



  2.2 POTENCIAS DE EXPOÑENTE NEGATIVO
                                      
 Cando o expoñente é negativo, para resolver a potencia, o que facemos é convertir a potencia en     fracción. A base ao denominador e poñemos un 1 no numerador, convertindo o expoñente en           positivo (sempre a fracción entre parentesis e co espoñente fóra para poder realizar a operanción     como foi explicada anteriormente)


No caso de que teñamos unha potencia en forma de fracción, o que facemos é cambiar o numerador para o lugar do denominador, e denominador para o lugar do numerador, e o expoñente poñémolo positivo (como no exemplo) 



 




   2.3 PROPIEDADES DAS POTENCIAS

     Déixovos un enlace onde está explicado as propiedades das potencias:




ENLACE APUNTES POTENCIAS:                        


Laura Rivas Limeres



Á raíz do que falamos hoxe na clase...

Hoxe estivemos falando na clase de Matemáticas B de 4º ESO, do que sería ben facer para conseguir alcanzar o que queremos. Xusto despois, nun curso que estou facendo online, vin este vídeo que me lembrou a nosa conversa, e quixen compartilo con vós. Serve un pouco tamén para titoría, polo que aí vos vai. Podedes deixar a vosa opinión nos comentarios, e así tamén nos serve para darlle un pouco máis de vida ao blog, hehe.

Parámetros de dispersión

Xa nos queda pouco para rematar o tema. Non era tan difícil isto da estatística, non? Pois ánimo, que os parámetros de dispersión seguro que non vos custa moito entendelos. Déixome de rollos, e xa quedades co vídeo:

martes, 29 de setembro de 2015

28-09-2015


Na clase de hoxe..
Primeiro, na clase de matemáticas de hoxe, estivemos intentando que Nacho, Sergio e Paula aceptasen a invitación para participar no blog, xa que por diferentes motivos (preguiza, falta de wi-fi por causa do roubo de cobre, etc) non a puideron aceptar antes.
A continuación, comezamos a corrixir algúns exercicios que manadara a profesora Aia. Nesta clase foron corrixidas as actividades 17, 18, 19 e 20  da ficha pequena, polo que queda totalmente rematada e corrixida. Na ficha grande, as respostas  dos exercicios 5,7,2 e 5 serán colgadas no blog pola nosa profsora.
Pero cando xa acabaramos de corrixir, surxiunos unha dúbida dos deberes que serían solucionados no blog: Cómo se fan os exercicios 2 e 7? Este problema foi ocasionado porque se nos esquecera como pasar de decimais a fraccións!! Pero como todo ten solución Aia explicounos como facelo:
Se o decimal que temos non é periódico colócase o número tal cal no, pero sin comas, partido de un un con tantos ceros coma decimales teña ese número e exercicio feito! Pola contra tamén existen os decimais periódicos polo que tamén teñen súa maneira de ser:
1. Multiplicamos o número por un un co numero de ceros que faga fakta para superar o periódo unha vez.
2. Se o decimal era dous con sesenta e tres periódo, fixo falta multiplicar por cen ese número para superar o período unha vez polo que se representa da seguinte maneira: 100N= 263`63 periódo.
3.Ao número resultado do punto anterior, réstaselle a cifra do principio N=2`63 periódo
4.Para finalizar, réstanse as cantidades dos puntos dous e tres , o que da un resultado de 99N=261 e que corresponde  á fracción de 261/99. e velahí está resolto o problema ao que tanto medo lle tiñamos.
E para rematar a clase de luns, comezamos o tema dous que vai de potencias, radicais e logaritmos. Tan só nos deu tempo a saber a parte da pontencia que coñecíamos (a e n) e a parte que descoñecíamos(o resultado de m,ultiplicar a por n veces)... E CLASE REMATADA!!!!     

venres, 25 de setembro de 2015

Parámetros de centralización

E agora que xa sabemos facer táboas e gráficas, ou estamos xa empezando a centrarnos, toca o turno de comezar a facer cálculos. Primeiro veremos os parámetros de centralización, que serven para dicirnos en torno a qué números se moven os nosos datos. Adentro vídeo...



xoves, 24 de setembro de 2015





Intervalos e Semirrectas. Operacións con intervalos.


Hoxe estivemos vendo como se representan alxebraicamente os intervalos e semirrectas, por outro lado tamén aprendimos a realizar operacións con intervalos: unión e intersección.


Intervalos:

Aberto: é o conxunto de tódolos número reais comprendidos entre a y b. Representado         alxebraicamente é tal que así: [x \in IR / a < x < b]. Onde \in IR significan que son os números reais, / significa que cumpren que... . Ou sexa que o seguinte intervalo comprende os números reais que son menores que a e menores que b.
Intervalo real 01.svg

Pechadoé o conxunto de tódolos número reais comprendidos entre a y b, incluindo a e b. Representado     alxebraicamente é tal que así: [x \in IR / a \leq x \leq b]. Onde \in IR significan que son os números reais, / significa que cumpren que... . Ou sexa que o seguinte intervalo comprende os números reais que son menores que a ou igual que a e menores que b ou iguales que b.
Intervalo real 04.svg
                                                      
Semiaberto: está formado por tódolos números reais comprendidos entre a e b, incluido b (imaxe 1). Ou pola contra está formado por tódolos números reais comprendidos entre a e b, incluido a (imaxen 2). Representanse así:
                                                                      
Intervalo real 02.svgIntervalo real 03.svg

              [x \in IR / a < x \leq b]                                                                          [x \in IR / a \leq x < b]



Semirrecta: é un intervalo da recta real no que un dos seus extremos é limitado, é dicir, que se estende ata                        o infinito.

Aberta: é o conxunto de tódolos números reais menores que a (1), ou o conxunto de tódolos números reais maiores que a (2).   


Pechada: é o conxunto de tódolos números reais menores que a incluindo a (3), ou o conxunto de tódolos números reais maiores que a incluindo a (4).








-(1)

-(3)

-(2)

-(4)






Operacións con intervalos:

Unión: é o conxunto dos puntos que están entre A e B, ou sexa, tódolos puntos que están nalgún dos dous intervalos.

    A= [-3,4]
    B= [-1,7]


∪ B= [-3,7]


Intersección: é o conxunto dos puntos que están en A e en B, ou sexa, tódolos puntos comúns a A e B.

A= [0,5]
B= [2,7]



 B= [2,5]




Irene Lillo Amaro