Na clase de hoxe..
Primeiro, na clase de matemáticas de hoxe, estivemos intentando que Nacho, Sergio e Paula aceptasen a invitación para participar no blog, xa que por diferentes motivos (preguiza, falta de wi-fi por causa do roubo de cobre, etc) non a puideron aceptar antes.
A continuación, comezamos a corrixir algúns exercicios que manadara a profesora Aia. Nesta clase foron corrixidas as actividades 17, 18, 19 e 20 da ficha pequena, polo que queda totalmente rematada e corrixida. Na ficha grande, as respostas dos exercicios 5,7,2 e 5 serán colgadas no blog pola nosa profsora.
Pero cando xa acabaramos de corrixir, surxiunos unha dúbida dos deberes que serían solucionados no blog: Cómo se fan os exercicios 2 e 7? Este problema foi ocasionado porque se nos esquecera como pasar de decimais a fraccións!! Pero como todo ten solución Aia explicounos como facelo:
Se o decimal que temos non é periódico colócase o número tal cal no, pero sin comas, partido de un un con tantos ceros coma decimales teña ese número e exercicio feito! Pola contra tamén existen os decimais periódicos polo que tamén teñen súa maneira de ser:
1. Multiplicamos o número por un un co numero de ceros que faga fakta para superar o periódo unha vez.
2. Se o decimal era dous con sesenta e tres periódo, fixo falta multiplicar por cen ese número para superar o período unha vez polo que se representa da seguinte maneira: 100N= 263`63 periódo.
3.Ao número resultado do punto anterior, réstaselle a cifra do principio N=2`63 periódo
4.Para finalizar, réstanse as cantidades dos puntos dous e tres , o que da un resultado de 99N=261 e que corresponde á fracción de 261/99. e velahí está resolto o problema ao que tanto medo lle tiñamos.
E para rematar a clase de luns, comezamos o tema dous que vai de potencias, radicais e logaritmos. Tan só nos deu tempo a saber a parte da pontencia que coñecíamos (a e n) e a parte que descoñecíamos(o resultado de m,ultiplicar a por n veces)... E CLASE REMATADA!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario