Hoxe a profesora non viu a clase xa que por problemas persoais tivo que coller unha baixa.
Ao principio estábamos todos emocionados porque íbamos a ter unha hora libre, e por sorte de trigonometría. Pero logo pensámolo ben e preferiamos ter a clase xa que moi pronto iba a ser o exame e non sabíamos o que iba a entrar nin por onde empezar a practicar.
Así que lle mandamos un correo para preguntarllo á profesora e estivemos o resto da hora falando de cousas curiosas e comentando a diferencia entre ser cachonda e estar cachonda coa profe de inglés Begoña, xa que saiu o tema cando lle falamos dunhas rapazas chamadas Lucía Aldao e María Lado, así que vos deixo un vídeo delas a ver o que opinades sobre elas. Xa que a algúns da clase lles gusta algo e en cambio a outros nada de nada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario