mércores, 8 de xuño de 2016

Bisectrices do triángulo

Ben, hoxe toca clase na aula de informática. Teredes os días de hoxe e mañá para rematar a construción e enviarma por correo electrónico. Hoxe deberiamos rematar todo, e mañá quedaravos o día para que todos rematedes a vosa construción, a adornedes e a enviedes.

Para ver como debuxar as bisectrices, déixovos o seguinte vídeo. Tedes que copiar a definición de bisectriz na vosa libreta, igual que as outras. A definición aparece no vídeo. Ide parándoo cando necesitedes, e copiades a definición. Despois debuxade vós as bisectrices, e marcade o punto de intersección delas. Dentro vídeo:


Unha vez que teñades debuxadas as bisectrices, no seguinte vídeo aparece como debuxar a circunferencia inscrita no triángulo.


No vídeo hai un erro. Ao final de todo cando fala das propiedades das bisectrices, non é iso o que ten que dicir. Son as propiedades do baricentro, as que xa fixestes.

Unha vez que teñades todo, enviádemo por correo electrónico a: aiarodriguez@gmail.com

Finalmente, só facervos a recomendación de que aproveitedes as clases para traballar. Sei que non o estades facendo, e o próximo venres é o exame. A pesar de que eu non estou, mentres non veña outro profesor, estou traballando dende a casa para que poidades continuar co temario. Sei que non é o mesmo, pero sodes persoas intelixentes e este tema tampouco é tan difícil. Se non aproveitades as clases para traballar, cando chegue o exame non vos sairá ben. Se tedes dúbidas preguntade. Podedes comentar esta entrada, ou comunicarvos conmigo por calquera dos medios que xa coñecedes.



Ningún comentario:

Publicar un comentario