martes, 6 de outubro de 2015


5 de outubro do 2015.

Durante a clase de hoxe aprendemos:

                                     A calculadora:

1º. A tecla x2 para facer o cuadrado.
2º. A tecla x3   para facer o cubo.
3º. A tecla ^ para as potencias en xeral.
4º. A tecla EXP para as potencias de 10.

 Erros máis comúns:

Neste apartado a profe púxonos un cadro no cal aparecían os erros que normalmente facemos, entre eles:

Confundir an , que consiste en elevar a o número de veces que sexa n, con a·n.

Errar (-a)n , que consiste na elevación de todo o número incluíndo o signo, con -an
consistente en en levar a base pero non o signo.


Non diferenciar (a + b)n que consiste na elevación do resultado da suma, con an + bn que consiste en elevar cada letra e despois realizar a suma.

Fallar (a - b)n que consiste na elevación do resultado da resta, con an - bn que consiste en elevar cada letra e finalmente realizar a resta.

Prioridade das operacións:

Nesta sección recordamos o orden no que deben realizarse as operacións que é:

1º. Parénteses.
2º. Potencias e raíces.
3º. Multiplicacións e divisións.
4º. Sumas e restas

2.2.Radicais:

É unha expresión que indica a operación de extraer raíces.


Número de raíces dun radical:

Neste apartado a profe deixou otro cadro no que explicaba que o índice ten o mesmo signo que o radicando. Que se n ten signo positivo hai dous posibles resultados negativo e positivo e que se n é par e o radicando é negativo a raíz non ten solución.

Relación na escritura entre potencias e radicais:

Nesta parte explícase os diferentes tipos que hai para poder expresar un radical en forma de fracción:



Cando expresamos o radical en forma de fracción deixamos o mismo radicando, o numerador é o radicando é o índice queda como denominador.

Cando o radical é negativo ao pasalo a unha fracción queda con signo positivo.







Emma Tello Sánchez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario