xoves, 1 de outubro de 2015

 

Xoves 1 de Outubro de 2015

TEMA 2: POTENCIAS, RADICAIS E LOGARITMOS


Na clase de hoxe, aparte de rematar de correxir os exercicios que quedaban de intervalos, comezamos o tema 2: as potencias,radicais e logaritismos, no que solo nos deu tempo a ver as parte das potencias. Antes de explicar que son as potencias, dexo aquí un video introductorio.

 



    2.1Potencias de expoñente natural.

        Unha potencia é un produto de factores iguais. Está formada pola base e o expoñente.




           a (base)= factor que se multiplica 
           n (expoñente)= número de veces que se repite a base

    Exemplo:

    2 5   =  2 • 2 • 2 • 2 • 2 =  32   O expoñente é 5, isto significa que a base (2) multiplícase por si mesma cinco veces.

    2.1.1¿Como resolver potencias? 

    3 2 = 3 • 3 =  9 -> multiplicamos a base polas veces que nos indica expoñente.

   -3 2 = -3 • 3 = - 9 -> primeiro facemos a potencia e logo sumas e restas. Neste caso ao facer a potencia, o menos           como está externo, solo altera ó resultado, facendo que quede negativo.

    (_3) 3  =  (_3) • (_3) • (_3)  =  _27 -> se o menos está dentro da paréntesis o resultado depende de si o expoñente é         par ou non.
    * Con expoñente par, resultado positivo
    * Con expoñente impar resultado negativo

     -(_3) 3  = - (_3) • (_3) • (_3)  =  27 -> neste caso o resultado debería de ser negativo xa que o expoñente é impar, pero     temos un menos fóra da parentesis que altera o resultado deixándoo en positivo. Por decilo de algun modo é como se     o expoñente fose par, xa que hay catro menos.

    No caso das fraccións, o que facemos é multiplicar tanto o numerador como o denominador por tantas veces que      indique o expoñente.



  2.2 POTENCIAS DE EXPOÑENTE NEGATIVO
                                      
 Cando o expoñente é negativo, para resolver a potencia, o que facemos é convertir a potencia en     fracción. A base ao denominador e poñemos un 1 no numerador, convertindo o expoñente en           positivo (sempre a fracción entre parentesis e co espoñente fóra para poder realizar a operanción     como foi explicada anteriormente)


No caso de que teñamos unha potencia en forma de fracción, o que facemos é cambiar o numerador para o lugar do denominador, e denominador para o lugar do numerador, e o expoñente poñémolo positivo (como no exemplo) 



 




   2.3 PROPIEDADES DAS POTENCIAS

     Déixovos un enlace onde está explicado as propiedades das potencias:




ENLACE APUNTES POTENCIAS:                        


Laura Rivas Limeres



Ningún comentario:

Publicar un comentario