TRASLACIÓNS
Como xa comentamos na clase, para facer unha traslación necesitamos un vector. Para saber o movemento dun vector, temos que observar a variación que realiza. Así, o vector de coordenadas
v = (1,3) fai un desprazamento de 1 unidade á dereita e 3 unidades cara arriba.
Para saber a lonxitude que ten o vector, teremos que utilizar o teorema de Pitágoras. Vexamos un exemplo:
As coordenadas deste vector serán: (3,2) e para saber a súa lonxitude, teremos en conta o triángulo que forman as súas coordenadas, e utilizaremos o teorema de Pitágoras. Así:
Lonxitude de AB2 = 32 + 22
Lonxitude de AB2 = 9 + 4
Lonxitude de AB2 = 13
Logo, Lonxitude de AB = Raíz de 13 = 3,61 cm
Para trasladar unha figura, temos que trasladar cada vértice da figura, segundo o vector que se nos indica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario