xoves, 4 de febreiro de 2016
INECUACIÓNS: exercicios
Na clase de hoxe, o que fixemos foi correxir o exercicio número catro das fichas de inecuacións.
Temas: Ecuacións e sistemas de ecuacións
Como xa vos dixen na clase, comezamos o novo tema participando na cuarta edición do proxecto Crea: FlipClass
Con este material traballaremos a maior parte dos dous temas seguintes. Xa me iredes dicindo o que vos parece.
Lembrade que para a clase do venres tedes que ter vistos os tres primeiros vídeos.
Déixovos o link de acceso:
Proxecto Crea: IV Edición FlipClass
O usuario e contrasinal é o que xa vos indiquei na clase. Se nalgún momento o esquecedes, enviádeme unha mensaxe para que volo diga de novo.

mércores, 3 de febreiro de 2016
Factorización de polinomios
Para rematar o tema, podedes ver os seguintes vídeos de factorización de polinomios. O primeiro vídeo mostra a factorización sacando factor común e utilizando identidades notables. Interésavos o vídeo entre os minutos 3:13 e o minuto 11:52.
O segundo vídeo é o procedemento xeral para factorizar, utilizando Ruffini. Entre os minutos
2:20 e 11:47 tedes a teoría, e dende o minuto 11:47 ata o final tedes exemplos.
O segundo vídeo é o procedemento xeral para factorizar, utilizando Ruffini. Entre os minutos
2:20 e 11:47 tedes a teoría, e dende o minuto 11:47 ata o final tedes exemplos.
División de polinomios por Ruffini
Aquí vos deixo o vídeo para que repasedes as divisións con Ruffini:
xoves, 28 de xaneiro de 2016
Nesta última clase de matemáticas antes do exame aprobeitamos para plantexar o último problema da folla de exercicios, o 37. A continuación móstrovos a súa corección no seguite enlace:
EXERCICIO 37
A segunda parte da clase consistiu nunha pequena introducción das inecuacións, onde para entendelas mellor, a profe Aia nos explicou o porqué do motivo polo cal cambiamos un termo da ecuación de lado, xa que as inecuacións están relacionadas coas ecuacións. Isto é unha inecuación:

mércores, 27 de xaneiro de 2016
Corrección problemas de ecuacións
Nesta clase seguimos corrixindo problemas de ecuacións, xa que a todos nós nos custaba plantexalos e só quedan un par de días para que fose o exame.
Había tres exercicios, dous máis sinxelos, é dicir, de ecuacións con unha incógnita e outro con tres incógnitas.
O de tres incógnitas:
1-Primeiro asignamos as incógnitas.
x - o lado ao que lle vas aumentar 3 cm
y - o outro lado
z - o lado y xa disminuído
2- Unha vez feito isto plantexamos o problema e o resolvemos:
2x+2y = 46 -(dividimos entre 2) - x+y =23 - y = 23-x - y = 23-15 = 8
xy-30 = (x+3) z -(quitamos parénteses) - xy-xz-3z =30
2(x+3)+2z = 46 -(quitamos parénteses - x+z =20 - z = 20-x - z =20-15 = 5
e dividimos entre 2)
3-E por último resolvemos a ecuación 2 substituíndo z e y polo seu valor dando así x = 15

martes, 26 de xaneiro de 2016
Plantexamento dos problemas.
Luns 25/01/2016
Problemas problemas e máis problemas.
Pois a primeira solución para solucionar un problema é plantexar cal é o problema, non?
Pois iso foi o que fixemos na clase. Plantexar tódolos problemas.
EXERCICIOS:
Plantexamos os problemas dende o exercicio 22 ó 33 dos exercicios da parte de Repaso da ficha que nos deu a profesora Aia. A continuación poreivos algúns exemplos dos plantexamentos dos distintos tipos de exercicios.
Comezamos polo principio: Exercicio 22. Que di así:
22. Un test ten 40 preguntas. Por cada acerto obtéñense 2 puntos e por cada erro réstanse 0'5 puntos. Javier contestou tódalas preguntas e así obteu 45 puntos. ¿Cántas preguntas contestou correctamente?
Vale, despois de ler o enunciado vamos a darlle nomes a "x" e a "y":
X -> Nº de acertos.
Y -> Nº de erros.
O máis doado é a primeira ecuación, xa que o total de preguntas é 40, contando todas (acertadas e erradas):
x + y = 40Agora fixarémonos nos puntos que vale cada pregunta acertada e cada pregunta errada e os puntos totais que levou Javier:
2x - 0'5y = 45
E xa temos as dúas ecuacións plantexadas.
-----------------------
Ben, agora pasemos ó seguinte exemplo. O exercicio 25, que di así:
25. Un ciclista que vai a 25km/h persegue a outro ciclista que vai a 22km/h e que lle cheva unha ventaxa de 750m. ¿Cánto tempo tardará en alcanzao e qué distancia recorrerá hasta entón?

Primeiro facemos un debuxo cos datos para axudarnos a entendelo mellor.
t= tempo
Agora plantexaremos a ecuación que se refiere ó primer ciclista:
25= x + 0'75
t
25t = x + 0'75
Agora o ciclista 2:
22 = x
t
Se despexamos t nas dúas ecuacións podemos resolvelo por igualación:
t= x + 0'7525
t = x
22
E quedaría algo así:
x + 0'75 = x
25 22
--------------
E estes son algúns dos exemplos de tódolos exercicios que correximos na clase.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)