Luns 25/01/2016
Problemas problemas e máis problemas.
Pois a primeira solución para solucionar un problema é plantexar cal é o problema, non?
Pois iso foi o que fixemos na clase. Plantexar tódolos problemas.
EXERCICIOS:
Plantexamos os problemas dende o exercicio 22 ó 33 dos exercicios da parte de Repaso da ficha que nos deu a profesora Aia. A continuación poreivos algúns exemplos dos plantexamentos dos distintos tipos de exercicios.
Comezamos polo principio: Exercicio 22. Que di así:
22. Un test ten 40 preguntas. Por cada acerto obtéñense 2 puntos e por cada erro réstanse 0'5 puntos. Javier contestou tódalas preguntas e así obteu 45 puntos. ¿Cántas preguntas contestou correctamente?
Vale, despois de ler o enunciado vamos a darlle nomes a "x" e a "y":
X -> Nº de acertos.
Y -> Nº de erros.
O máis doado é a primeira ecuación, xa que o total de preguntas é 40, contando todas (acertadas e erradas):
x + y = 40
Agora fixarémonos nos puntos que vale cada pregunta acertada e cada pregunta errada e os puntos totais que levou Javier:
2x - 0'5y = 45
E xa temos as dúas ecuacións plantexadas.
-----------------------
Ben, agora pasemos ó seguinte exemplo. O exercicio 25, que di así:
25. Un ciclista que vai a 25km/h persegue a outro ciclista que vai a 22km/h e que lle cheva unha ventaxa de 750m. ¿Cánto tempo tardará en alcanzao e qué distancia recorrerá hasta entón?
Primeiro facemos un debuxo cos datos para axudarnos a entendelo mellor.
t= tempo
Agora plantexaremos a ecuación que se refiere ó primer ciclista:
25= x + 0'75
t
25t = x + 0'75
Agora o ciclista 2:
22 = x
t
Se despexamos t nas dúas ecuacións podemos resolvelo por igualación:
t= x + 0'75
25
t = x
22
E quedaría algo así:
x + 0'75 = x
25 22
--------------
E estes son algúns dos exemplos de tódolos exercicios que correximos na clase.
Ningún comentario:
Publicar un comentario