mércores, 14 de outubro de 2015

Introdución e extracción de factores, potencias e raíces dun radical e multiplicación e división de radiacais con distinto índice.

 Mércores, 14 de outubro do 2015

Sí, sí, o título da entrada é tan largo que ata mete medo, pero é que hoxe a profesora Aia estaba inspirada e explicou moooitas cousas. Así que agarrádevos que esta vai a ser unha entrada completiña.

Comezamos coa:

Introdución de factores nun radical:



Tranquilos que aínda que o pareza non é nada complicado, é cuestión de pillarlle o truco e listo. Xa veredes que con esta explcación vai a resultar sinxelo:

Cando temos un número (ou varios) multiplicando a unha raíz (radical tamén serve) o que hai que facer para metelo(s) dentro da raíz é elevalo ó índice que teña esa raíz.
Un factor que esté elevado ó mesmo índice
do radical é igual á base.

Nota 1: Recorda que as √ teñen índice 2 aínda que non teñan nada escrito enriba. Non te deixes enganar.

Nota 2: Se o que está multiplicando ó radical é un número que está elevado elévase todo ó índice do radical (exemplo).

Vedes que non é tan complicado? Veña, pasamos á seguinte explicación.




Extracción de factores nun radical:

Para extraer os factores do radical hai que estar ben atentos ó índice deste, porque vai a ser a clave para poder facelo, coma na introdución  de factores. Así é como se fai:

Hai que agrupar os radicandos (os números que están dentro do radicando, as bases) cunha potencia igual á do índice do radical. Se chega a facer un grupo completo, que chega ó índice do radical, entón sácase a base fóra e queda multiplicando ó radicando.
Cando un radicando está elevado a unha
potencia esta eleva a todo o radicando
e os expoñentes multiplícanse.











E agora vamos con algo aínda máis doado de facer.


Potencias e raíces dun radical:

Isto é moitísimo máis fácil. Ahí vai a explicación:

A potencia dun radical pasa a ser a potencia do radicando, dentro do radical ó que elevaba.


A raíz dun radical é outro radical de igual radicando no que no índice é o produto dos índices iniciais.





Multiplicación e división de radicais con distinto índice:



Tranquilos, que aínda que pareza chungo é moi doado de facer. Veña aló.

Para comezar temos que calcular o mínimo común múltiplo dos índices de cada radical.

Logo ponse de índice e multiplicamos os exponentes dos radicandos co número que se multiplicou para chegar ó múltiplo do índice calculado.

Súmanse os exponentes do radicando e listo (nas multiplicacións).


No caso das divisións é igual só que ó final os exponentes réstanse.


E ISTO É TODO POR HOXE (que non é pouco)!!!!






Estela Domínguez Reboreda 4º ESO - A

Ningún comentario:

Publicar un comentario