Na clase de hoxe ainda que estivemos moito de cháchara estivemos dando un pouco por encima os intervalos e as semirrectas. Pero só nos deu tempo a falar dos intervalos que agora vou a explicar:
Hai 4 tipos de intervalos:
Os intervalos abertos non conteñen o seus extremos, é dicir, que o número a e o número b non entrarían nese intervalos de números. Represéntase con puntos brancos, ocos, sen cor... Exprésase con (a,b).
Os intervalos cerrados, pola contra, sí que conteñen os seus extremos. O que quere dicir que o número a e o número b entran neses intervalos. Represéntase con con puntos rechonchiños. Exprésase con [a,b].
Logo están os intervalos semiabertos ou semipechados. Isto quere dicir que sí teñen un dos seus extremos pero o outro non. Por iso se poden representar de dúas formas distintas:
- [a,b) Úsase cando o número que entra no intervalo (o pechado) vai á esquerda e o que non entra nela (o aberto) á dereita (imaxen 1).
- (a,b] Úsase cando o número que non entra no intervalo está á esquerda (o aberto) e o que sí entra á dereita(o pechado) (imaxe 2).
É máis difícil representalo por escrito que entendelo. Primeiro explicaremos un pouco qué significan as cousas que van dentro dos {...}. A parte de {xЄɌ...} significa: x= Tódolos números reais, Є= que pertencen (a este intervalo), Ɍ= que cumpren que...
Tamén falamos un pouco por riba dos números gregos, que se usan moito en matemáticas. Estes son tódolas letras do abecedario grego:
E aquí acaba a entrada de hoxe.
Atte: Estela Domínguez
Moi ben, Estela, un moi bo comezo, e as explicacións moi clariñas! Ahora, iso si, eu non diría exactamente que estivemos de cháchara, senón que o que estivemos facendo foi dar de alta no blog aos compañeiros que faltaban, e explicando como se fan entradas no blog, para os que non sabían. Ou non foi así? Hehehe
ResponderEliminar