xoves, 7 de xaneiro de 2016

2ª AVALIACIÓN

Sistemas de ecuacións


Substitución:
  1. Despexas a x ou a y nunha das ecuacións.
  2. Substitúes o anteriormente despexado na outra ecuación.
  3. Resolves a ecuación.
  4. Co resultado averiguas o valor do primeiramente despexado substituíndo ese valor pola letra correspondente.






Igualación:

  1. Despexas x ou y nas dúas ecuacións.
  2. Igualas os dous resultados e resoves dita ecuación.
  3. Elixes un dos dous despexes e substitúes o resultado da outra ecuación pola letra correspondente.


 


Redución:

  1. Multiplicamos nunha ou nas dúas ecuacións por un número calquera para obter o mesmo número na x ou na y pero un positivo e outro negativo, para así poder eliminalo e sacar unha incógnita da ecuación.
  2. Resolvemos a ecuación resultante e subtituimos o resultado nunha das ecuacións iniciais.





Dobre redución:

  1. facemos o mesmo que na anterior opción pero antes de substituir o valor volvemos a reducir as ecuacións pero eliminando a outra incógnita.




Resolución gráfica:

  1. Despexas a x ou a y nas dúas ecuacións.
  2. Fas unha tabla e vas probando números que den exactos ao substituilos nas ecuacións e creas a tabla das x e y con dous valores en cada columna.
  3. Debuxas unha gráfica e colocas os valores nela cunha recta diferente para cada ecuación.
  4. Se as dúas rectas se cruzan, o punto no que se cruzan é o resultado, se pasan xusta unha por encima da outra significa que ten infinitas solucións e se non se cruzan en ningún lado é que non ten solución.























Ningún comentario:

Publicar un comentario