xoves, 28 de abril de 2016

CLASE DE "MATES"

Na clase de hoxe non dimos temario, xa que nos puxemos a falar sobre a acampada que vamos a ter mañan e da que non sabemos cal vai a ser a actividade preparada. O que si sabemos é que o vamos a pasar xenial e que non vamos a durmir en toda a noite. 









venres, 22 de abril de 2016

Aplicación das racións trigonométricas

Nesta última clase de matemáticas estivemos facendo exercicios para practicar como aplicar as razóns trigonométricas que na anterior clase estivemos aprendendo. Estes exercicios son os números 79, 80, 81 e 82 do pdf do que a profe Aia nos deu o enlace na anterior entrada. Nos tres primeiros exercicios aplicamos a fórmula da tanxente de alfa, debido a que tíñamos toda a información necesaria excepto no primeiro caso a do cateto oposto; no segundo, a do cateto oposto tamén e no terceiro, o cateto contíguo:
E no último exercicio, o 82, usamos a fórmula do seno de alfa, porque tíñamos toda a información necesaria (ángulo e hipotenusa) excepto o cateto opsto:


xoves, 21 de abril de 2016

Trigonometría

Como hoxe na clase estivemos facendo exercicios de aplicación sobre a trigonometría, déixovos un enlace para que vexades os problemas que estivemos facendo.

Problemas

xoves, 14 de abril de 2016

FOLGA XERAL DO ENSINO

Na entrada de hoxe non teño nada que contar, xa que houbo FOLGA XERAL DO ENSINO,  e tanto eu como moitos dos meus compañeiros non asistiron á clase.

mércores, 6 de abril de 2016

Máximos e mínimos

Ben, imos cos máximos e mínimos cos que tedes dúbidas:

Para traballar os máximos e mínimos da función, temos que ir mirando no eixo das X, en cales valores a función alcanza puntos máis altos ou máis baixos. Eses serán os máximos e mínimos relativos. O valor de x no que a función é máis alta será o máximo absoluto, e o valor de x no que a función é máis baixa será o máximo absoluto (que poden ser varios valores). Así, nunca ten sentido dicir que unha función ten un máximo ou mínimo relativo no infinito, pois o infinito nunca se alcanza. Vexamos por exemplo a imaxe seguinte, e analicemos o crecemento e decrecemento da función e os seus extremos:


     Neste caso, como non vemos como sigue a función, podemos pensar que sigue tal e como parece na parte que se ve, e que polo tanto, a medida que a x vai cara menos infinito, o valor de y vai achegándose cada vez máis a 0 sen chegar nunca a tocalo. Sen embargo, cando a x vai cara máis infinito, podemos pensar que o valor de y segue baixando cara menos infinito sempre. Basándonos nisto temos:

A función é crecente en (-∞, -3) U (-2,-1) U (2,4) (Isto é porque a función vai cara arriba dende que x vai dende - ∞ ata que x vale -3. Logo comeza a ir cara abaixo, polo que será decrecente, e así sucesivamente). É dicir, para ver cando a función é crecente, imos vendo os valores de x.

A función é decrecente en (-3,-2) U (-1,2) U (4,∞).

Extremos:
Máximos relativos: Temos máximos relativos (e escribimos os valores de x, non os de y) en:
 x = -3, x = -1 e x = 4.

Mínimos relativos: Temos mínimos relativos (igualmente escribimos os valores de x) en: 
x = -2 e x = 2.

Máximos absolutos: Alcánzase o máximo absoluto en (Valor de x no que a función é máis alta) x = -3

Mínimos absolutos: Alcanzaríase o mínimo absoluto no valor de x no que a función é máis baixa, pero como supoñemos que a partir de x = 4 decrece todo o tempo, sempre vai ir baixando, polo que diremos que non hai ningún mínimo absoluto. NON DIREMOS QUE o mínimo relativo se alcanza en ∞. Iso non sería correcto, porque a función sempre vai ir baixando máis a medida que x aumenta, polo que nunca chega a haber un valor de x no que a función é o máis baixa posible.

Espero que isto sirva para entender. En calquera caso, déixovos un vídeo onde se ven varios exemplos. No vídeo indícase o valor de x no que se alcanza o extremo (máximo ou mínimo) e tamén o valor de y para ese extremo. Tal e como o vimos nós na clase, só fai falta indicar en que puntos de x se alcanzan os máximos ou mínimos, pero non fai falta indicar o valor que toman en cada punto de x.



Se queredes que vos poña vídeos sobre o resto das cousas que vimos na clase, facédemo saber hoxe ou mañá, para que poida poñervos unha nova entrada co resto do temario do exame.

Saúdos e ánimo.

AVISO AO ALUMNADO DE 3º ESO

Bos días a todos,

agora estaredes na clase de matemáticas. Aproveitade as dúas horas de clase que vos quedan para facer exercicios dos que vos deixei para practicar. O venres teremos o exame. Podedes correxir os exercicios entre vós, e preguntarme as dúbidas que queirades, así como enviarme fotos dos exercicios que fagades a través de Remind, Edmodo ou o correo electrónico (aiarodriguez@gmail.com). Eu revisareivos todo o que me enviedes. Non vos preocupedes. Vimos exercicios de todos os tipos que poden caer no exame, e estades preparados. Só tedes que confiar en vós. Non podemos atrasar o exame, pois a semana que vén estades de viaxe, e despois de volver, recordaredes moitas menos cousas. Así que tranquilos, e a por todas.

Podedes preguntar tamén dúbidas comentando esta entrada. Como vedes tedes un montón de vías para comunicarvos comigo e preguntar o que queirades. É só querer facelo.

Saúdos

Aia