luns, 23 de maio de 2016

EXERCICIOS!!

Na clase de hoxe estivemos facendo algúns exercicios de trigonometría:





1. Razóns trigonométricas  de 120º, 225º e 300º


a) 120º

120º- 90= 30º   (facemos esta conta para localizar en que cuadrante se atopa o ángulo e de canto é. Sabemos que cada cuadrante está formado por un ángulo de 90º)

Para poder trasladar o triángulo rectángulo ao primer cuadrante, temos que saber de cánto é o ángulo. Restamos a suma dos ángulos de cada cuadrante (90º+90º=180º) menos o grado que nos den do ángulo (120º)  --->  180º-120º=60º 










 PASAR O TRIÁNGULO PARA O CUADRANTE I 

Para pasalo, só temos que facer un efecto espello, collelo e xiralo para o cuadrante I







Unha vez pasamos o triángulo rectángulo solo temos que calcular a razón trigonométricas. Así con todos os exercicios.









SOLUCIÓN DO EXERCICIO



























mércores, 11 de maio de 2016

Seguimos coa trigonometría

1 Razóns trigonométricas dos ángulos de 30º, 45º e 60º



45º Nesta só tes que debuxar un triángulo rectángulo cos dous catetos iguais, e que así formenángulos de 45º. E unha vez listo isto subtitúes os valores que lle deche ao triángulo nas razóns trigonométricas.


60º e 30º Aquí precisarás dun triángulo equilátero, o cal partes en dous pola liña que indica a altura, entón quédache un vértice de 60º e o outro de 30º, substitúes os valores dese triángulo nas razóns trigonométricas e listo.


Aquí a imaxe onde están os valores subtituídos co resultado final:




E agora un truquiño para non ter que facer este cada vez que as necesites ou chapalas:


      1º- Escribes os números do 1 ao tres de esquerda a dereita arriba e ó revés abaixo.
      2º- Fas a raíz cadrada dos repectivos números.
      3º- Dividelo entre 2 e simplificas a fracción.




Veña que só queda un pouquiño!!!     
      





2 Circunferencia goniométrica






É unha circunferencia na que o seu radio sempre mide 1, e aquí vos deixo un exemplo de como calcularías as razóns trigonométricas.


Medidas angulares


Grados, minutos e segundos

Radián: é un ángulo no que o arco mide o mesmo que o radio.


Resultado de imagen de radián trigonométria                                     



                                                                                           As medidas dos ángulos en radiáns


                                                                    
Bueno e aquí remata a explicación e a clase de hoxe

luns, 9 de maio de 2016

Trigonometría: Relacións fundamentais.

Luns, 9 de maio do 2016.

Hoxe deixámonos de exercicios e demos temario ben a fondo. 

Hoxe demos as relacións findamentais da trigonometría.

Que qué é isto. É unha boa pregunta.

Son unha serie de 4 formuliñas (e non por levar o iñas son máis "sinxeliñas") que vos porei agora coa súa demostración:

1.

2.



Veña rapaces que xa vamos pola metade. Agora van a vir unhas formuliñas máis "tochón", por decilo dalgunha forma, pero non vos asustedes que é ben fácil.




3.


Como facemos esta? Pois ben sencillo.

O primeiro paso é coller a igualdade 2 que xa vimos e dividir entre sen2 alfa (seno ó cadrado).

E a partir de ahí o resto.







4.



Nesta igualdade facemos exactamente o mesmo ca na anterior, pero en vez de dividir entre o seno dividimos entre o coseno. É dicir:

Collemos a segunda igualdade e dividimos todo entre cos2 alfa (coseno ó cadrado).



Hei, que aínda nos rematamos. Agora quedan os problemas para por en práctica isto todo.







E listo. O máis difícil, segundo dixo a profe é o último problema, o de demostrar, xa que temos que ver as fórmulas todas e razoar para ver de onde saen.


Ata a seguinte entrada!


Estela Domínguez Reboreda 4ºESO A

Exercicios para repasar o tema de funcións lineais e cuadráticas

Ola!


Como vos dixen, poño á vosa disposición un boletín de exercicios sobre o tema do que temos exame o venres. En principio podedes facer todos os problemas, excepto os que teñen cousas de traslacións (como os exercicios 12 e 13). Están resoltos. Para saber se os sabedes facer, sería ben que copiarades os enunciados e tratarades de facelos vós antes de ver as solucións. Utilizade estes exercicios para traballar esta semana, e se tedes dúbidas, preguntade o que queirades.
Saúdos!



Enlace ao arquivo

domingo, 1 de maio de 2016

Sorteo: En que país me tocaría nacer?

Utiliza o pequeno xogo que hai a continuación para ver en que país che tocaría nacer. Fai o sorteo e anota no teu caderno o número que che saiu. Con ese número poderás saber en que país che tocou nacer: